BlueTube

A BANDA DA LOBA - Xogo de agardar (videoclip oficial)

Sabedes cando coñecedes unha persoa e, con só unha mirada, saltan chispas? Esas ocasións nas que a súa simple presenza fai que sintas cóxegas na boca do estómago? Ese xogo de sedución que pode acabar “ben”, ou non, pero que se converte desde o inicio nunha pequena historia de amor que te enche de felicidade. Ese é o "Xogo de agardar". E é tamén o segundo sinxelo do noso novo disco, #Lovismo, que está cheo de cancións de amor observado desde diferentes perspectivas. Letra e música: Inés Mirás Arranxos: A banda da Loba Gravación, produción e masterización de audio: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios) Audiovisual: Adrián Gómez Letra da canción: Sinto lume ao respirar. Se quedo parada, se non fago nada. Incendiando o meu pensar. Se son nomeada, se quedo pasmada. Estou agardando por ti. Estás agardando por min. Con medo a respirar e a deixarnos ir. Observo incandescente o fondo do teu ollar. Cuestiono continuamente se teño aí un lugar. Suxeito este instinto que non son quen de agochar. Quen pode manter a calma neste xogo de nos agardar? Brillas sobre a miña pel e o azul tórnase calidez. Contamos sempre ata dez e a suavidade, non logra ser. Estou agardando por ti. Estás agardando por min. Con medo a respirar e a deixarnos ir. Observo incandescente o fondo do teu ollar. Cuestiono continuamente se teño aí un lugar. Suxeito este instinto que non son quen de agochar. Quen pode manter a calma neste xogo de nos agardar? É así, non paras de premerme a man. Sorprende moito reatopar o peito a se ruborizar. É así, non paras de premerme a man. Sen présa en nos nomear, se non é nada, que máis dá? Brillas sobre a miña pel. Que prioritario quererse ben. Brillas sobre a miña pel. Que necesario sentirse ben.

We only keep Bluesky posts for a limited time however you may be able to find them all here.

There are no recommended videos.

Powered by

(but not affiliated with)

Bluesky
YouTube

Created by mjd.dev